Non todos os fináis son como un quere.

Endexamais esquecereime daquel fatídico dia do 24 de xullo.
Daquela meu pai aínda andaba na busca da solución da enfermidade da miña nai …
El é un unha persoa moi peculiar, seu dia a dia era moi sinxelo, levantábase da cama almorzaba e metíase no seu laboratorio, subía a comer as dúas da tarde e as tres menos cuarto xa estaba metido no laboratorio. El pasaba alí todo o tempo, aínda hoxe non me acordo de onde proviña o diñeiro do que viviamos.
Miña nai padecía dunha enfermidade desas raras que nin nome ten … Esas enfermidades que o estado da de lado por ser tan custosas, era unha enfermidade no sistema locomotor dexenerativa. Ela cando era xoven tiña unha saúde perfecta pero o cumprir 25 anos, no meu 5º cumpreanos comezou a aparecer a enfermidade, no mesmo dia fomos o medico e uns días despois diagnosticáronlle unha enfermidade rara que solo ela padecía en todo o mundo so lle deron seis meses de vida, pero 15 anos despois aquí seguimos meu pai intentando curar a miña nai, e miña nai nunha cadeira de rodas movida por un motor. Dende fai dúas semanas a enfermidade estalle afectando a fala, os médicos din que podería perder a fala por completo.
O meu pai leva xa tres días metido no laboratorio, fai 4 días que miña nai esta moi grave, non fala case, non é capaz de abrir os ollos e respira con gran dificultade. Hoxe pola tarde veu un medico a casa e dixo que rapidamente tería que ir para o hospital pero non nos deixaron ir con ela, que é moi perigoso …
Levamos dous días sen saber nada sobre ela. Hoxe é 24 de xullo, chamamos o hospital e nos dixeron que seguía moi grave e que ia a peor, rapidamente meu pai baixou o laboratorio seguino e o chegar colleu tres líquidos mesturounos e de alí a un pouco saliu un pouco de fume, o meu pai sorriu e dixo nun susurro leve “perfeto” .
Collemos o coche e fomos cara o hospital cando chegamos entramos correndo, tiñamos que ir o ultimo andar na habitación 576 o chegar meu pai estaba eufórico xa que tiña na man a cura a enfermidade da miña nai, cando chegamos saliu o medico da habitación parounos e dixo que o acompañásemos a unha pequena habitación, díxonos que nos tiña que dar unha mala noticia, nese momento o meu pai cambiou a cara por completo xa sabiamos perfectamente a o que nos ia contar, sentamos e o medico díxonos.
-Señor Varela a súa muller acaba de falecer.