E.U.-Elemento, Uranio

E.U.- Elemento, Uranio

Eu chamome Uranio, son un dos moitísimos elementos que hai hoxe en día na terra. Xa non son tan novo pois aparecín tal e como son hai bastantes anos, e con bastantes quero dicir cando se estaba formando o universo. Vin pasar pola faz da Terra a moitas especies de animais, a moitas especies de plantas...

Eu penso que tardaron moito en descubrirme os humanos , foi hai nada uns centos de anos atrás , en Alemaña un señor, químico, chamado Maarten Heinrich Klaproth e ainda por riba foi sen querer. Bueno, eu ese día paseino moi ben vendo as caras que puña con cada dato novo que atopaba sobre min, que si o meu número atómico, que si os neutróns, que si os protóns... En definitiva tardou dous anos en reunir datos sobre min. Eu atopábame ca miña amiga a pechblenda e nesos dous anos estiven con ela.
Maarten Klaproth caeume moi ben , notábase que lle gustaba o traballo que facía, que disfrutaba con el, as veces decepcionábase un pouco. Ata unha vez estivo a punto de abandoarme e que outro levase o mérito pero eu axudeille un pouco mostrando máis as miñas caracteríasticas. Iso e a sua paixon por terme descuberto fixérono continuar e ao final rematou o seu traballo comigo.
Nesas décadas tiven moita fama ao se o novo elemento descuberto.

Pasaron moitos anos , xa estabamos no século XX,ata que volveron descubrir máis cousas sobre min, que si novas caracteríasticas, que si usos que lle podia dar... E outra vez o mesmo, pero só que esta vez non me gustou tanto había demasiada xente centrada en min, o que me estaba agobiado.

Nese redescubrimentos de cousas sobre min por parte das persoas atopáronme un bo uso: Crear enerxía en centrais nucleares. Volveron a estudiarme e esta vez integralmente. Velaí os datos que conseguiron:

-Elemento químico chamado uranio de símbolo U . Metálico e de cor plateado-grisáceo.
-Pertence ao período 7, grupo 3 e bloque f.
-O seu número atómico é 92 polo que posee 92 protóns 92 electróns cunha valencia de 6. O seu número másico é
-O seu núcleo pode conter entre 141 e 146 neutrones. Os seus isótopos máis abundantes son o U-238 que posee 146 neutróns e o U-235 que posee 143 neutróns.
-É un elemento algo radioactivo.
-Atópase en estado sólido e en pequenas cantidades na Terra.
-Desempeña un papel fundamental para manter o campo magnético terrestre.

Todo isto xa o sabía pero o que non sabía eran os meus posíbles usos. Eles contáronmos e son: traballo fixo en centrais nucleares para crear enerxía ,para fertilizantes, blindaxe te tanques de guerra, para formar algúns cristales e en armas nucleares. Nombrei estes porque son os que máis me gustan.
Actualmente úsanme bastante pero eu estou contento , así podo viaxar polo mundo e coñecer a outros elemntos interesantes.
Esta é a miña historia.