Marie

Cada paso que daba queimábame máis. Os raios do sol furaban na miña pel. Estaba famento e a auga do mar chegábame polos nocellos, por mor da destrucción dos polos, pero non me ia render; necesitaba ver que ainda seguía con vida.
Eu so era un neno cando comezaron os problemas e a xente só sabía empeoralo; as vendas de coches e os sprays subían cada vez máis estragando a capa de ozono, noso escudo contra o sol, medrando cada vez máis o efecto invernadoiro e a chuvia ácida. Xa non queda moito xeo nos polos. Agora xa nada e igual. O mar asolagou miles de cidades do litoral costeiro.
As persoas non se atreven a sair ás rúas por mor a lembrar o que puideron impedir.
Xa ninguén vive máis aló dos corenta anos porque cada vez hai máis cancros de pel, queimaduras, golpes de calor, infeccións, cegueira… Tantas cousas que se puideron impedir si cada un de nós puxera un pouquiño da súa parte…
A miña única ilusión nestes intres é saber que ela estea ben; por ela sigo vivo expoñéndome agora e a cotío á xigante bola de lume que está enriba de min.
Ela é miña filla. Tivo a mala sorte de nacer albina, sen melanina que a protexa nestes tempos. Ingresada nun dos poucos hospitáis activos que quedan, agárdame a cotío a que vaia a vela despois de ir a traballar, para poder pagar as súas menciñas.
Din os médicos que non sobrevirá, que a súa pel non aguantará neste planeta, que o cáncro rematará mais tarde ou mais cedo con ela. Pero eu non o podo aceptar, ainda non asimilo que a miña nena de oito anos vaia a morrer, e o que me máis me anoxa é que morrerá pola culpa da estupidez human, sin ter culpa de nada...
Súa nai, a miña dona, morreu por unha explosión no laboratorio onde traballaba mentras intentaba buscar unha solución á grande contaminación. Marie, nosa filla, só tiña cinco anos, e dende aqueles intres fago todo o que podo para poder pagar o seu tratamento, só, sen axuda de ninguén, nin do goberno para que siga vivindo, pero tamén, que pensaba?
Eles teñen a culpa de todo o que aconteceu; puideron parar isto a tempo pero a súa cobiza corrompeunos. Estados cada vez máis e máis corruptos que querían aproveitarse da terra para ter cada día máis diñeiro. Diñeiro e máis diñeiro. Eles mataron a millóns de persoas, á miña muller, e agora pretenden asasinar a miña filla, como se só foramos números; e todo por se faceren máis ricos aproveitandose das persoas, da súa desesperación, que eles mesmos crearon para que lle pediramos favores a cambio de enriquecerse.
Vendéronnos o capitalismo coma un soño, pero o soño levounos á desigualdade social e á pobreza. Os gobernos non fomentaron nin axudaron a utilizar enerxías renovables; eles son os que defenden ás petroleiras, ás eléctricas, grandes empresas e ós bancos; están ó servizo deles. Pouco tempo hai puxéronlle un imposto á enerxía solar, cousa que trascendeu nos medios internacionáis. Gobernos e gobernantes corruptos ó servizo do capital que se resistían a dimitir, e cando así o facían, rápidamente pasaban a ocupar un cargo nalgunha eléctrica, petroleira, empresa, banco ou no Senado.
A maior mágoa é que non fixemos nada para deter esta sangría. Estabamos sentados no sofá, coa calefacción prendida e mirando a tele, vendo o que estaba ocorrendo. Non saíamos ás rúas para reclamar un cambio de sistema, un novo alento para ás nosas vidas e para o noso mundo. Merecemos o que nos está a ocorrer por ser cómplices deste sistema? Seguramente, pero ainda estamos a tempo de mudar esta situación.
Marie, unha nena inocente, unha de tantos nenos e nenas que morreron e morreran pola nosa culpa e pola culpa dos gobernos corruptos, eles non teñen a culpa...
E ese foi meu soño doutor. Xa non sei o que facer. Ainda non ocorreu pero teño medo a que sucedan todas esas cousas terribles, os pesadelos atorméntanme cada noite. Qué podo facer?
-Ti xa o sabes, impídeo!