Unha aposta segura

Todo comezou un fermoso día de verán, cando ao erguerme vin unha mensaxe dos meus amigos "Hoxe pola tarde imos a praia, apúntaste?"; eu por suposto non o dubidei dúas veces e pregunteilles a que hora. Quedamos as catro, coma sempre. Estábamos Sandra, Xiana, Marcos, Ana, Xurxo, Dani, Rubén e máis eu. Naquela fermosa tarde soleada, sen nubes, non sopraba o vento nin facía frío, e máis, podíase ver como o Sol reflectía no mar en calma e daban gañas de ir correndo a dar un chapuzo. Despois de estar toda a tarde xogando, ás cartas, ao tenis, ao balón, darnos uns baños e un bo paseo so quedabamos na praia Xiana, Rubén e mais eu. A iso das nove e media cando o Sol comezaba a poñerse e quedaba un bo anoitecer, Xiana fixo unha pregunta a que non tiña nin a máis mínima idea de que contestarlle. Rubén si, xa o tiña claro; el quería ser astrónomo e non dubidou en contestar ao momento, mentres Xiana e Rubén falaban do tema eu quedei inmersa nos meus pensamentos. Xiana tamén o tiña claro ela ía ser bióloga. Mentres eles falaban eu pensaba en que ía ser de maior. Chegaron as dez e media e decidimos marchar para casa, xa era tarde e mañá quedaramos de novo. Despedímonos e cada un marchou por un camiño distinto, pois as nosas casas quedaban preto da praia. Ao chegar a hora de ir durmir, despois dunha boa ducha e dunha cea cos meus pais case sen cruzar palabra marchei para cama. Non me daba o sono e seguín pensando en que ia ser de maior, aquela pregunta non desaparecera da miña cabeza dende que a escoitei. Despois de moito pensar e dubidar tíñao, xa sabía o que quería ser .... Física. Si, en verdade apisoábame ese tema e ademais dábaseme de medo. Xa postos a pensar, lembreime dunha universidade da que me falara tempo atrás un coñecido meu. Si, era un bo sitio para aprender pero era pouco accesible a miña situación económica. Só me quedaba conseguir o modo de xuntar os cartos suficientes. Así que nos vindeiros días falando cos meus amigos do tema, e xa que non era a única nesta situación; buscamos por todos os medios formas de gañar cartos. Xiana atopou traballo nunha cafetería cerca da praia e conseguiu xuntar o suficiente para a súa matrícula. Rubén era o adestrador nun equipo de remo que ía participar nun campionato nacional no cal se gañaban conseguiría o necesario para os seus estudos. Eu como boa amiga utilicei os meus coñecementos sobre a física e axudeino a preparación do equipo, adquirindo unha información que me serviu de gran axuda para conseguir o meu propósito. Xa que sabía os datos concretos sobre os equipos a participar na competición sobre peso, velocidade, musculatura, participantes, colocación, temperatura, vento, marea..., puiden participar nunha gran aposta deportiva. Facendo todos os cálculos que precisaba determinei que o equipo gañador sería o de Rubén. Apostando todo polo seu equipo só me quedaba esperar que a ciencia fixera o seu traballo; e eu gañara a cantidade suficiente de diñeiro que necesitaba. Ao rematar a competición como era de esperar saíu vencedor o equipo do meu amigo e gañei a aposta, conseguindo o meu propósito. Axudar a Rubén e ao mesmo tempo a min. Así foi como conseguín chegar ata aquí. Cando maña reciba o título de "Educación Superior Universitario Oficial de Licenciado en Física", será todo grazas a Física e saber aplicala en situacións da vida cotiá.