Experimentos

Experimentos

Hola, chámome Nuria e teño 29 anos, estudei a carreira de física e química na Universidade de Vigo, e agora estou traballando nun laboratorio cuns compañeiros magníficos. Teño unha irmá pequena que se chama Tania e ten 15 anos, encántalle a natureza e é moi curiosa, sempre dí que cando sexa maior quere ser coma min porque lle gustan moito os laboratorios e experimentar coas cousas.
Un día, fun a casa de miña nai a darlle unha visita e cando miña irmá chegou da escola o primeiro que fixo foi presumir da nota que quitara nun exame de física e química, votou a maior parte do día presumindo. Eran as cinco da tarde e nosa nai chamounos para merendar, comemos un plátano e como non miña irmá dime:
-Sabes que?
-Que?
-Pois os plátanos teñen potasio, que é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é K, e o seu número atómico é 19, seino porque o tiven que estudar para o exame de física e química.
-Xa o sabía, eu xa tiven a túa idade e o meu profesor de física e química tamén me ensinou iso.
-Por certo, hoxe no laboratorio ‘‘revivimos’’ un plátano.
-Que revivístedes un plátano?
-Si, collemos un plátano moi maduro e metémolo nunha bolsa con arroz, deixámolo unha hora dentro da bolsa e despois démoslle co secador e o plátano recuperou a súa cor.
-Que ben, ademais co que che gusta a ti facer experimentos.
-Xa, pero non os facemos todos os días, ti tes unha sorte, estás case sempre no laboratorio e experimentades con moitas cousas.
-Cando sexas maior xa o farás ti tamén, pero para iso tes que estudar moito.
Despois desa conversación que tiven con miña irmá as súas notas de física e química aumentaron, quitaba 8,5 nos exames e agora quita en todos 10. Dí que vai a estudar moito para ser mellor ca min, e se antes xa presumía das notas dos seus exames agora non hai quen a aguante.