Oxitocina

Quen son? Ben, tal vez non debería comezar así pero non teño un sistema nervioso como o dos humanos, os organismos superiores. Por ser, non son nin unha célula, a base da vida, pero estou presente nun dos sucesos máis bonitos do universo, o amor. Sí, son a oxitocina, unha hormona que segregan eses corpos terrenais cando están en contacto cos seus seres queridos, así como as súas parellas ou familiares. O amor, esas bolboretas que che dan no fígado non son máis que un suceso químico, unha reacción do teu cerebro a un estímulo. Nos somos segregadas por células e expulsadas cara o torrente sanguíneo, desde o cal circulamos a través de todo o corpo actuando neses sitios máxicos, os órganos diana, producindo esa sensación de cóxegas e felicidade.

Non temos un período de vida prolongado, vivimos nun par de minutos e logo morremos, pero o feito de saber que estamos axudando prodúcenos unha gran satisfacción. Agora ben, mentinvos, non actuamos soas, temos unhas compañeiras, as serotoninas e as vasopresinas, que contribúen a ese cóctel do amor tan fermoso. Podemos dicir que somos unha droga? Efectivamente, ao principio que nos segregamos lentamente, pero o feito de namorarse fai que cada vez actuemos máis e a maior cantidade ata o punto de sufrir esa febre tola de amor na que non podes facer nada máis que pensar nesa persoa especial e desexar estar con ela o resto da túa vida.

Para terminar, o amor, un suceso químico, non loites contra el, non hai nada que se poidas facer para evitalo, déixate levar, namórate.

Amor Omnia Vincit (O amor todo o vence).