Do CUM LAUDE ao INEM

Facer un doutorado é como ir loitar á guerra: sábese cando comeza a batalla pero non cando remata…si é que rematas.
Sobrevivir a unha adicación única e exclusiva durante anos non é sinxelo. O teu día a día redúcese a ler papers, dominar bases de datos, saber idiomas, manexar complexos paquetes estadísticos, analizar variables… día tras día, faga sol, chova, vente, día lectivo ou festivo. Por esa mesma razón os doutorandos son uns seres incomprendidos. Xa que ademáis se aíllan evitando distraccións innecesarias para rendir máis no seu traballo e o peor de todo: gratis.
¿Quén demo está disposto a levar unha vida así?. Só os do mesmo gremio entenden esta complexa situación. Para ser alumno de doutoramento tamén se require de competitividade e ser ambicioso, idolotrar ao teu titor e destacar no teu grupo de investigación.
No momento no que alguén se matricula nun Doutorado, estase casando coa súa tese. Unha boda na que o titor será o testigo e o despacho ou laboratorio será o seu novo fogar. Non terá tempo nin atención para ninguén máis. Amigos, familia, incluso parella pasan a un segundo plano. Crerías antes que está sendo infiel, que crer que sigue no laboratorio as 23,00h dun Sábado lendo artigos. Incríbel pero certo.
Saber máis e máis, sobre menos e menos. A iso se reduce, en ser experto sobre o que che apasiona. O que significa que o teu perfil terá un máximo de palabras clave/ Topics e a túa rede social favorita será ResearchGate.
Os grupos de investigación vólvense puras competicións ata o punto de que os propios compañeiros mídense entre eles. Non chega con publicar artigos, hai que facelo nas mellores revistas científicas de investigación. Coma no Futbol, todo o mundo segue esa Primeira División de publicacións científicas, os ansiados JCR. Un ata pode fardar nomeando o índice de impacto, indicando así o prestixio de dita revista. Os enemigos vólvense amigos por conveniencia con tal de inflar o currículum:
- Eu cítoche no meu paper, se ti me citas no teu.
O teu tempo de lecer pasan a ser viaxes a congresos, conferencias, seminarios… incluso descansas lendo artigos de outras temáticas (“Menudo descanso!” pensarán moitos).
E todo isto costa cartos. As becas son como a Lotería; sabes que existen pero a probabilidade de que che toque é minúscula. Se es unha desas persoas á que se lle concede unha, podes sentirte ben afortunado e orgulloso porque no terás a incómoda conversa pola que todos pasan:
- Estou coa tesis.
- ¿Segues estudiando?
- En realidade traballo na Universidade.
- ¿De profesor?
- Non, ainda non.
- ¿E páganche¿
Que difícil é aportar o graniño de area á ciencia e que pouco valorado é o solitario sendeiro do doutorando no noso país. Lamentablemente o camiño do Cum Laude remata no INEM ou emigrando.
Asique non habrá outra que facer ciencia noutro país, porque algo estase a facer mal cando no INEM che contestan:
- Hoxe en día non es ninguén si non tes polo menos doús másteres.