INO-CIENCIA

-Un científico negro e un branco discuten sobre a terraza dun edificio, sobre cal de
os dous chegaría antes ao chan -contábame Darío, mentres volviamos de clase-. Veña
Papá, escoitáchesme?

- Si, fillo, escoiteiche? -contestei mecanicamente- Pero se son científicos xa deberían
saber a resposta a esa cuestión, os científicos somos xente moi intelixente.

- Bo, xa papá, pero son científicos moi novos - Darío inducía que os veteranos
saben máis que os mozos- veña xa . A que non sabes cal dos dous chega antes ao
chan?

- Pois non sei neniño, nin idea.

- Pois o branco! - contestou Darío expectante.

- Ah si? E iso por que? - pregunteille, adiantándome á súa pregunta.

- Pois porque o negro quedouse limpando cristais - e botouse a rir.

Entón detívenme, zarandeado polas alarmas que saltan cando algo ameaza a boa
educación dun fillo.

- Pero Darío fillo, iso é racismo, por que tería que ser o home negro o que
limpase os cristais e non o branco?

Darío tamén se detivo; tanto o ton da miña voz como o xesto do meu rostro fixéronlle ver
que algo grave e inesperado estaba a pasar. Xusto onde debía xurdir a risa, emerxeu unha
escena de reproche.

- Pero…pero, papá, eu pensaba que… que o científico negro púxose a limpar
cristais para non ter que tirarse ao baleiro, e… e así enganar ao científico branco.
Ademais, que é iso de racismo?

Entón enmudecí e pasei de mestre a alumno no mesmo segundo. Lembrei a frase que
facía uns instantes dixéralle a Darío: “Os científicos somos xente moi intelixente”, e me
sentín o máis inútil de todos os seres do mundo. Biquei ao meu fillo, nun intento
inútil de cortar a hemorraxia de inocencia que eu mesmo provocara, agarrei con forza
a súa man e nun doloroso silencio volvemos a casa.