Relatividade

Dous compoñentes químicos viraban dentro dunha esfera metálica.

Endexamais bateron o un contra o outro, perseguíanse, conformando perfectas elipses o seu camiño. Eles pensaban que nunca atoparíanse pois levaban a mesma velocidade mais eles non sabían que todo depende do ollo co que se mirase, e non tiña un haz de luz que lles proporcionara unha referencia verdadeira. O tempo no que estaban a existir quizá non era o mesmo, todo é relativo. Quizais un dia futuro, cando as fauzes do tempo tiveran devorado o mundo, estes dous compoñentes químicos atoparanse e colisionarán, orixinando un gran estoupido, e alumarán a esfera coa potencia de dez mil soles.

Neste caso, tería lugar unha reacción en cadea, isto quere dicir que os compoñentes ó tocarse, convertirianse en radicais libres (como se antes non o foramos, pensaban), e comenzarán a propagarse e espallarse, provocando así unha reacción ainda máis virulenta. Aínda así, nunca ninguén saberá da existencia de dito estoupido, pois a esfera metálica é capaz de manter o ruido e mais a luz nos seus adentros, illando o que pase dentro dela do resto do mundo.

O único xeito de rematar a cadea sería que un dos compoñentes se agotase. Sempre un ten que perder. Non importa o osíxeno nin outras magnitudes fríxidas. Apremiante, a esfera engaiola os movementos e as guerrillas que no seu interior poidan ocorrer. Por moito barullo que teña no seu interior, ela aguanta, sempiterna.

Mantén o silencio. A reacción podería estar ocurrindo no interior, pero por fora o mundo segiría sen sabelo. A esfera minte. A esfera é enganosa.

A esfera luce morna, case fría, mais por dentro esta verdadeiramente quente. Todo depende cos ollos cos que se mire, ou co sistema de referencia que estase a utilizar.