Depresión con amor

Cada noite, dende varios meses atrás, coincidindo co finamento da nai, segue un ritual de modo automático antes de deitarse. Cear algo lixeiro, cepilla-los dentes, baleira-la vexiga, botar a crema hidratante con coláxeno e levar un vaso de auga mineral para a habitación. Unha vez no leito, continúa coa segunda parte das costumes cotiás nocturnas. Colle unha pílula antidepresiva, que modifica os niveis de serotonina do corpo, deseguido media neuroléptica para calma-la axitación e inquietude, e por último a hipnótica, coa cal se abraza a Morfeo. Unha vez seleccionada a dose de substancias receitadas polo seu doutor, tómaa con resignación.
Máis tarde chega o marido do traballo. O primeiro que fai é ir até a habitación a falar con ela. Interésase por como se encontra, felicítaa polos esforzos do día, arríncalle un sorriso con algunha pallasada improvisada e acaba bicándoa. Isto faina sentir ben, pois para ela é a mellor menciña que hai: o amor.