Celulocracia.

Había unha vez un corpo humano onde todas as pequenas celulas nacían, vivian, reproducíanse e morrían. A verdade é que elas non tiñan unha vida moi diferente á nosa, incluso contaban cun congreso e cada catro anos acostumaban ir votar. Cada vez que as células votaban, escollían un goberno feito por grandes, poderosos e malignos virus. Normalmente gañaba o cancro e, se pensas que é extraño que as celulas elixisen un goberno formado por virus, tan só abre os ollos e mira dende cerca quienes fotón os anteriores presindentes.
Agora, non é que eu teña nada encontra dos virus, eles eran moi bos tipos, incluso dirixían un goberno con dignidade e sempre aprobaban boas leis, leis que beneficiaban a ... os virus. Imaxinádevos unha das leis, a cal dicía que o corpo tiña que estar sempre enfermo e nalgunhas ocasión isto agravábase ata chegar á morte. Outra lei prohibía xerar defensas contra eles por motivos de seguridade, claro está; así, os virus non terían problema en lograr a súa misión.
Como xa dixen, todas as leis eran boas, boas para os virus. Pero... e as células? A vida no corpo humano cada vez era máis difícil e cando as células non puideron máis, decidiron facer algo ao respecto, polo que, nas seguintes eleccións reuníronse e evitaron que o cancro gobernara. Déronlle o poder á febre de feito, fixeran moitos debates na televisión pública:
-Agora a febre ten unha excelente campaña-dixo o presentador.
-Todo o que se necesita para mellorar é unha nova visión que é o cambio que estaban esperando-dixo a febre.
-Eles tamén propoñen.
-Todo o problema co corpo humano é que a temperatura está moi baixa e hai que aumentala.
E todo isto, feito de tal manera na que según eles, as celulas estarían máis quentiñas.
Cando as células non puideron máis, volveron a votar e sacaron á febre, dándolle o poder ao cancro e depois á febre e logo ao cancro (outra vez) e logo (outra vez) á febre, ao cancro con gravata e finalmente, volveuse tan complicado que xa había febre con cancro; a iso chamáronno coalición.
O tempo pasou ata que unha pequena célula tivo unha idea e contóulla a todo o mundo.
-Compañeras, por que seguimos escollendo un goberno feito por virus e non nos gobernamos nós mesmas?
E elas exclamaron: "Es unha radical!", "Levémola ao cárcere!"
Finalmente, a nosa amiga célula rematou no cárcere.
Pero a idea que esa célula dera, xa estaba polo ar. E así foi que cantos máis anos pasaban, as células decatáronse de que aquela célula tiña razón, polo que comezaron a desobedecer aquelas inxustas leis que tiñan postas os viros. Nun golpe de valentía, venceron aos virus e instauraron a súa propia celulocracia.
  • Hits: 153

ESCOLA D'ESCRIPTURA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

EDITORIAL GALAXIA

AEELG

METODE

RESIDENCIA D'INVESTIGADORS

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

AELC

IDATZEN

EL HUYAR

EUSKAL ETXEA

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA