Gran de pole

Cando abrín os ollos e observei todo aquilo, non o podía crer. Nunca pensei que podería existir algo máis alá do que estaba afeito a vivir. Sentín o vento suave baténdome na cara e observei toda a natureza viva arredor de min. Aquelas árbores altas, cuxa cume parecía non rematar nunca, as chamativas cores das flores que atraían a numerosos insectos, o fermoso son do río que se dirixía a súa desembocadura. Todo iso era novo para min, mais convencinme a min mesmo de que era o novo camiño que debía emprender. Medo. Moito medo. Sentín ese sentimento que nin sequera sabía que se podía chegar a sentir. Comecei o meu camiño sen saber cara onde me ía dirixir, mais quería coñecer mundo.
A miña primeira parada foi nun lugar máxico e á vez, como moitos outros para min, descoñecido. Era un lugar no que había unha especie de masa húmida e de cor azul, unha gran chaira de diminutas pedras e xigantescas rochas. Polo que escoitei á xente que por alí pasaba, ese lugar era chamado praia. A masa húmida de cor azul, mar. Mollaba. Estaba frío. Encantóume aquel cheiro, nunca me esquecerei del.
Como pasaxeiro do vento que son, aquel cálido día de verán, mantívome nesa praia durante todo o día. Aproveitei ese tempo para descansar e pensar, sobre todo pensar. Botaba de menos o que para min era o meu fogar, ou mellor dito, todo o meu mundo, mais non me arrepentín de saír de alí e observar todas as marabillas que o meu novo mundo me regalaba cada día.
Despois da praia, dirixínme cara un lugar aterrador, que me causa arrepíos só de pensalo. Era enorme, iso sí. Estaba cheo de grandes estructuras rectangulares, unhas máis altas, outras máis baixas. Había ruídos, a maioría procedentes de grandes armazóns metálicos que expulsaban gases grisáceos. Como, igual que na praia, ía escoitando o que a xente ía dicindo, decateime de que eses armazóns facíanse chamar coches e de que o lugar no que me encontraba, chamábase cidade. Non me gustou nada aquel lugar. A xente camiñaba en grandes aglomeracións de persoas, todas elas apresuradas, coma se quixeran chegar todas á vez a un mesmo lugar.
Cando por fin salin daquel espantoso destino, comecei a replantearme se merecera a pena cambiar de mundo, mais esta dúbida esfumouse no momento no que cheguei ao terceiro destino.
Os ollos enchéronseme de bágoas, non sei se pola emoción ou polo vento baténdome na face da cara. Encontrábame no alto dunha máis alta todavía montaña. Era, de feito, a montaña máis alta de todas as montañas veciñas que se encontraban arredor. O solo? Non se podía ver. A inmensa e espesa capa de néboa impedíao. Só quería que o tempo se parase e permanecer toda a miña vida nese lugar, aínda que eu sabía que eso era imposible, pois a miña vida non é moi duradeira e sabía que tiña que marchar pronto, pois tiña unha misión que cumprir.
Non estiven moito máis tempo viaxando ata chegar ao meu destino, pero a min seriviume para coñecer máis e máis lugares.
Por fin cheguei a onde tiña que chegar. Eu sabía dende o momento no que abrín os ollos que a miña vida era curta e que tiña un propósito.
Achegueime a aquela colorida e chamativa figura. Entrei. Outra vez medo. Baixei por unha especie de tubo e observei outra figura, maís pequena, redonda, ou ovalada mellor dito. Fermosa, cunha fermosura xamais vista. Fundínme nela e xuntos, creámos o que dentro dun tempo ía ser unha nova especie.
Esa era a miña misión como gran de pole que son, o meu propósito e a miña única función na vida, fecundar oosferas e con elas, formar novas plantas.