Información

Estaba sentado e mirábame sen dicir palabra algunha. Tiña o rostro desgarrado. Ollos artificiais, de imitación, en cada un dos cales lucía un único e cegador núcleo vermello que cravaba sobre min, agardando en silencio. Na súa mirada xa non quedaba rastro de humanidade. Aquela presenza dábame máis medo que os golpes.
A sala na que me atopaba estaba completamente a escuras, a excepción dun pequeno led do teito, que alumaba a pequena distancia que me separaba a min daquela sinistra silueta. Atopabámonos sós, sen ninguén que fracturase aquel tenso ambiente. A fin e ao cabo, ese lugar non se diferenciaba moito do mundo exterior no que viviamos, a excepción das colosais e intimidantes infraestruturas, a masificada sociedade e a cultura da libre circulación de información, “información”… iso no que terminamos converténdonos todos, información, puros códigos binarios, o criterio mediante o cal as multinacionais e megacorporacións lles dan un valor as nosas vidas, un autentico atentado contra a propiedade intelectual. Valemos o que xeramos non o que en realidade somos, esa é a única realidade hoxe en día. No meu caso, manipulei e terxiversei moita información, máis do que o goberno e as institucións podían permitir, crucei a liña, e o peso da corrupción política caeu sobre min, finalmente. A información que semellaba nos rexistros “privados” da cidadanía sobre min terminaran sendo expostos a todo o mundo e eliminados, eu xa non valía nada, xa non existía na sociedade, xa non tiña escapatoria algunha. Naquel momento quedei á mercé de todo tipo de organizacións criminais, pero eu era especial, era moi valioso, sabía cousas que ninguén máis sabía sobre os maiores peixes gordos da sociedade. Por un instante a miña cabeza sería a máis buscada do conglomerado residencial de toda a metrópoles. Como consecuencia terminei nesa escura sala, “só”, sen esperanza algunha, esperando a que me rematasen e me extirparan ata a última gota de información da cal dispoñía, esa sería a miña expiación.
Aínda podía lembrar recordos semilúcidos da miña estancia naquel lugar. Golpe tras golpe ia dexenerando a miña consistencia xunto coa cordura que se deterioraba con cada arremetida. Os seus cotobelos tiñan placas de metal adheridas á pel, non coma os brazos, estes eran completamente artificiais, biónicos, sen rastro de elementos orgánicos. Co que parecía un sistema pneumático, era capaz de estralar unha parede de formigón pola metade. Por sorte, ou non tanto, eu tiña que sobrevivir, daba por feito que me necesitaban con vida e consciencia, no seu defecto, coa mínima capacidade para razoar e poder vocalizar algunhas palabras, as necesarias. Perdera xa a conta do tempo que levaba alí, horas, días, semanas, meses, anos quizais?, quen sabe, cos estupefacientes todo era posible, inhibición da dor, estimulación das fibras musculares, segregación de hormonas de todo tipo, deterioro dos actos motrices, tiñan unha infinidade de funcións (ningunha delas precisamente beneficiosas), aínda así, eu non cedería, daría igual o que intentasen, me inxectasen ou metesen, eu non abriría a boca, non lle cedería a uns criminais o que tanto tempo estiven recollendo para pórlle fin dunha vez por todas a esta falsa e efémera seguridade que os gobernos intentan transmitirlle a toda a cidadanía.
Tras tantos golpes e escarnios, aquel home (ou o que fose) que se atopaba en fronte de min, sentado, sen abrir a boca, pronunciou as súas primeiras palabras -Está listo-, a continuación un grupo de individuos saíu de entre a escuridade da sala situándose xunto ao meu torturador. Algo me chamou a atención, algo moi característico, algo practicamente imposible de ignorar, todos eles tiñan modificacións cibernéticas, implantes, compoñentes que separaban ó orgánico do artificial. Aparentemente, sufriran moito ao longo das súas vidas e víase a simple vista que non eran medio máquinas por puro pracer, esas cibermodificacións eran necesarias para a súa supervivencia. Era obvio que alguén ou algo lles provocou esas feridas irreparables e saltaba á vista que nos seus ollos (polo menos os que aínda estaban intactos) podíase albiscar un ansia de vinganza, a mesma que eu lle gardaba ás organizacións que arruinaron a miña vida e a do resto de cidadáns. De súpeto puiden apreciar que as motivacións e ideais que nos movían a min e a ese característico grupo eran as mesmas. Cunha simple mirada e unha dedución intuitiva cheguei á conclusión de que toda tortura que sufrín era unha proba, unha moi invasiva, co único obxectivo de comprobar a miña dureza psicolóxica e moral, para comprobar que valía a pena, para comprobar que non priorizase antes a miña vida que a información tan valiosa que eu gardaba. Nos tempos que corrían, aquel era o método máis efectivo.
Un dos individuos estendeu a súa man, instintivamente estreitei a miña man xa desatada. Naquel instante iniciárase unha revolución, unha que prometería aplastar aos gobernos que tiñan supeditados á totalidade do mundo.
  • Visto: 447