Diario dunha testemuña universal

Decembro de 379 a. C.

A clase gardaba silencio (e eu tamén, por suposto). O profesor tiña pinta de ser un profesional na materia -fose a que fose-, pero o comezar a falar a súa figura de intelectual esfumouse. Púxose a leriar sobre la existencia de dous mundos: o real (que -di el- é onde vivimos fisicamente) e o intilexinivible ou algo así de raro crin escoitar.


Agosto de 230 a. C.

Estaba eu tranquilamente paseando pola cidade de Siracusa cando de súpeto oio uns estridentes gritos. Explorei un pouco e descubrín que proviñan da casa dun señor maior nos seus cincuenta, concretamente do seu baño. Rapidamente saíu da bañeira e a toda présa -e sen vestirse sequera- saíu á rúa gritando como un tolo:
—Eureka! Eureka! Conseguino!

Xuño de 1590

Ese home estaba chalado. Como puido subirse a aquela torre tan alta para tirar dous cacharros ó chan? Eu cheguei en menos de medio minuto arriba. El tardou o seu. Xa no alto, puxo os dous obxectos na cornixa e empurrounos á vez ó baleiro. Puiden comprobar de primeira man que un pesaba bastante máis que outro. Baixei rápido para ver como caían, malia ter a certeza de que un era máis pesado que outro, sorprendentemente para min, caeron ó mesmo tempo.


Maio de 1609

Indo para Torun (Polonia) volvín ver ese mesmo home no medio da pradaría nocturna co seu ollo dereito metido nun alongado aparello. Tamén tiña ó seu carón unha mesa cuns papeis e unha puma estilográfica. Non se movía, semellaba unha estatua. De socato, fixo un movemento brusco cara a pluma, tomouna e escribiu raros símbolos e debuxos nos seus papeis. Seguidamente, volveu mirar no trasto. Ese instrumento… que estraño era! Despois tamén eu puiden ver a través del e… ¡eses puntiños brillantes do ceo volvéronse enormes!


Xaneiro de 1672

Encontreino baixo unha árbore. Estaba durmido como o tronco sobre o que repousaban as súas costas. Parecía canso. Achegueime para examinalo. Tiña o pelo estraño, como si levase unha perruca. Coloqueime sobre a súa cabeza para corroborar a súa hipótese e de súpeto… Ai! Dinme contra unha mazá que estaba colgando nunha póla. O froito caeu e foi dar na testa do home. Non podía facer outra cousa que pedir desculpas, así que achegueime. Nisto comezou a falar en voz alta. Non o escoitei moi ben, pero parecía moi contento, así que non souben si aquel día fixera unha boa ou unha mala acción.


Outubro de 1835

Nesta ocasión quería descansar da vida do mundo convencional, así que marchei a unhas illas alí por Ecuador. Pero equivoqueime ó pensar que non ía encontrar a ninguén, pois achei un mozo estudando alí. Observábao todo. Todo o que encontraba, analizábao detidamente. Impresionoume moito, a verdade. Víase que tiña un gran interese polo descubrimento científico. E o que é máis alucinante: vinte e cinco anos despois e logo de estar nesa illa durante soamente dúas semanas, escribiu un dos libros máis importantes para a ciencia: A Orixe das Especies.


Marzo de 1911

Aaaaahhhh! Non, non, non! Por favor! Aaahhh! A quen ocorréuselle bombardear unha película de ouro con partículas alfa estando eu diante? Sorte que separeime rapidamente ó extremo da lámina, para evitar máis impactos. Si… sorte… Mala sorte! O susto que me levei cando viume outra partícula rebotada ata onde me encontraba! Ó parecer eles sorprendéronse máis ca min…


Xullo de 1949

O home dicía cousas moi interesantes. En realidade, soáronme interesantes, porque eu non entendía nada do que estaba dicindo, pero víase que sabía do que falaba. Tamén hai que dicir que distraíame moi facilmente: a súa gran mata de pelo branco desconcertaba a calquera. Aínda así, puiden distinguir algunhas palabras, como “tempo”, “espazo” e “relatividade”.



Febreiro de 2007

A diferencia coas demais conferencias que presenciara ó longo da miña (por agora) inmortal existencia, esta vez o home non falaba. Non dicía nada. Era un sensor que captaba leves movementos da súa cara o que producía o son. Aínda así, todo o que expoñía era digno de ser escoitado. Quedei con ganas de máis ó finalizar a conferencia; así pois, seguiuno un largo rato axudando a empuxar suavemente a súa cadeira de rodas.



FIN


E vostede, tras ler este diario dun humilde servidor que presenciou todas e cada unha das experiencias científicas que poida chegar a imaxinar, que vos pareceu? Sexa sincero, que estou diante do seu nariz!