Un novo amencer

Ía moito frío fóra, mais outra mañá amencía e outro maldito día no que o hospital víase cada vez máis preto.
Fai catro anos que me encontraran o tumor na mama, ese día pensei que ía rematar todo, que miña vida, como se de un filme se tratas, íase parar; o doutor díxome que todo iría ben, que tentara ir sempre acompañada ao hospital (xusto hoxe non puidera vir meu noivo comigo) e que llo contara aos meus seres queridos que me axudaría a pasalo mellor. Ao chegar a casa veu meu fillo a recibirme, non sabía coma dicírllelo, tiña 12 anos e non ía moi ben nos estudos, novo instituto, novos compañeiros, xa lle era moi difícil todo para complicárllelo máis; isto só podía afundilo, mais el sabía que algo me acontecera, sempre sabía cando estaba mal, pero non podía llelo contar, era demasiado para min; decidín contárllelo máis adiante. Fai xa catro anos que decidín isto e aínda non sei como contarlle todo isto.
O hospital víase baleiro, mais a medida que camiñaba polo corredoiro camiño a onde me porían o novo tratamento íanse oíndo voces nas habitación lindeiras a miña milla verde, coma historias separadas nunha película que vanse unindo nunha trama central; Fernando, o meu oncólogo esperábame xa na sala, ía ser un día moi duro e quería explicarme por última vez a inmunoterapia, que se mostraba bos resultados, substituiría as temidas quimio e radioterapia.
- Bo, hoxe imos a utilizar o tratamento de James Allison, este tratamento é bastante sinxelo, imos a introducirte no corpo un composto de glóbulos brancos da sangue e órganos e tecidos do sistema linfático previamente tratados e removidos do teu corpo nas probas do pasado mes de Xuño, xunto a eles imos a introducir unhas proteínas chamadas PDL-1 e PD-1 que tentaran que o Sistema Inmunolóxico non pase por alto as células canceríxenas ocultas dentro distas proteínas e así poder combatelas coa axuda do composto susodito.
- Entón, isto só vai tentar localizalas e así coa axuda disto e do meu sistema inmunolóxico erradicalas.
- Iso mesmo
- ...
O silencio fíxose entre nós, iso me parecía xa unha parvada despois de todo o que me meteran, todo o que había sufrido e agora estábanme a dicir que soamente cunhas proteínas meu corpo podería ter tentado acabar coas células canceríxenas fai anos, só a esperanza de rematar todo isto pronto facía que permanecerá alí sentada e non me fora para casa, pensar que meu fillo podería volver a verme sorrir e que todo podía volver a ser de novo como fai anos.
Fóra facía moito frío, xa anoitecerá e meu marido aínda non chegara do traballo, tería que ir en taxi a miña casiña onde o meu fillo adolescente estaría pegado ao móbil e non me faría nin caso, onde tería que poñerme coas tarefas da casa e onde remataría cansa e sen forzas na cama sen ganas de levantarme ao día seguinte, e facer todo o da casa, dende que estaba así déranme a baixa no traballo, máis agora traballaba mais que antes.
O espertador soaba atronadoramente na habitación, xa facía rato que debería espertar mais non tiña forzas, o meu corpo era un campo de batalla e eu non podía con esta loita moito máis. Meu fillo petou á porta, facía unha hora que espertara e estaba preocupado por min, estiven tentada de contarlle algunha trola mais decidín contarlle a verdade, contarlle o que pasaba, era fin de semana e xa non tiña exames, non existía nada que me retivera a contárllelo; foron os minutos máis duros da miña vida, foi o momento no que o meu fillo deuse conta e uniu cabos por todas as situacións que inventaramos para tentar ocultalo todo.
Fai sete anos que me encontraron o tumor. Hoxe estou de revisión, fai un ano dixéronme que a loita por fin rematara, que o tratamento de Allison funcionara e que xa non necesitaba máis tratamentos; se tiña sorte o cáncer non volvería, estarían as células latentes no meu corpo, mais inactivas.
O doutor recibiume cun amplo sorriso e cunha grata aperta díxome que todo saira ben, comezou a darme datos e nomes estraños dos que xa de tantos escoitalos sabía que significaban e dalgúns ata buscara información para situarme mellor cando xurdían estas charlas; fai dous anos dixérame que só me quedaban uns meses de vida, que o cáncer avanzara a grandes pasos, xa criamos que a inmunoloxía non facía nada e a quimio tíñame escangallada, non me daba levantado, todo me sabía mal, o pelo caérame todo e cada movemento era ver as estrelas; mais encontraran a combinación perfecta e conseguiron devolverme a saúde, a cor nas meixelas, máis tempo co meu fillo, en resumen, unha vida mellor.